REMATAMOS O CURSO!

Ola nen@s:





Estes derradeiros meses, sobretodo xuño, foron moi divertidos e intensos. 
Entre exame e exame tamén houbo tempo para pasalo ben, e vaia se o pasamos ben!
  
Para que poidades ver de que vos estamos a falar, vos deixamos unhas imaxes dalgunhas das actividades que levamos a cabo no cole.

 A ver se vos gustan!


*******************************************************




A finais de Maio rematamos o programa de acompañamento de Inglés; algúns nenos gañaron  moitos dólares no concurso "Who wants to be a millionaire?" 


   Velaquí os nenos de 4º cos seus cheques dun importe de... "1 million $"!







*******************************************************

Saliu a 16ª edición da revista "O Allo", coas vosas propias creacións e artigos sobre as diferentes actividades que realizamos no cole neste curso.




A Portada elexida para ilustrar esta 16º edición foi a de Kilian, de 6º curso. Noraboa Kilian!










As nosas reporteiras de 5º entrevistaron a Dona Avelina, unha señora de 107 anos! 








A ver se adiviñas que profes son...








Os nenos de 6º traballaron arreo sobre Valentín Paz Andrade nas Letras Galegas!








Ollade que debuxo tan fermoso fixeron  Ángel e Noa por San Valentín! 
Quedou tan bonito que o elixiron para poñer na revista!








*********************************************************************************






O día 21 de Xuño celebrouse  un partido de fútbol  no pabillón deportivo...Alumnos contra persoal do cole!






Foiche moi emocionante xa que o nivel de xogo era moi alto e o resultado sempre estaba moi reñido... Dende as gradas, o público animaba ós seus equipos con pancartas e berridos.
Finalmente, unha vez mais para desgracia dos maiores, gañaron  os alumnos...
Que lle imos facer, son os mellores!




























*********************************************************************************


Nesta derradeira semana de curso os nenos levaron o material escolar para casa, e mesmo algúns levaron diplomas e chapeus de graduados!








******************************************************
Pero hoxe, 22 de xuño,  foi o día mais especial de todos... Celebramos o festival de fin de curso no salón de actos. 


Alumnos e profes desfrutamos da actuación dun grupo de teatro infantil que nos ven visitar; había unha especie de peluche e unha boneca; facían  cousas moi  divertidas! 
Éranche ben simpáticos, que risas!!!!!! 






Ademáis despois se achegaron ó cole os pais, nais e avós dos nenos para ver a actuación que os rapaces e rapazas de sexto tiñan preparada. 
Tratábase dun musical moi famoso: GREASE!




                       YOU´RE THE ONE THAT I LOVE!

OH, OH OH, HONEY 









O público aplaudiu moitísimo a actuación dos maiores pois o fixeron de marabilla, parecían artistas!








   Sabiades que "Grease" significa gomina ou grasa? 
   Mi madriña, canta gomina levaban algúns!!!!!!!! :ppppp










    GREASE LIGTHNING, OHHH GREASE LIGHTNING!!!!!!!!




ALWAYS, BE TOGETHER!







                       TELL ME MORE, TELL ME MORE...








Despois da actuación poidemos visionar un video con imaxes dos de 6º, pois coma xa sabedes remataron a súa andanza no Ceip de A Ponte do Porto este ano. 
Marta e Martín foron os presentadores.








Gustounos moitísimo ver esas fermosas imaxes dos nenos ó longo de todos estes anos. 
O público recoñecía perfectamente a tod@s cando poñían imaxes de cando ían en Infantil!
















Para rematar celebrouse un acto de despedida ó equipo directivo, formado pola directora Margarita Garrido, a xefa de estudios Alejandra Domínguez Felpeto e a secretaria Martina López Romero.                    


O momento máis emotivo se produxo cando a directora subiu ó escenario para recibir unha forte ovación de parte do público alí presente.


 Toda a comunidade educativa quixo, deste xeito,  agradecer, non só a labor profesional das compoñentes deste equipo ó longo de todo este tempo, senón tamén a sua calidade humana.


Sen dúbida foi unha ceremonia moi emotiva, na que se verteron moitas bágoas... Dende logo, non foi nada doado conter a emoción...


******************************************************
Dende aquí nos despedimos ata o vindeiro curso, non sen antes agradecervos,  queridos usuarios do blog, as vosas visitas ó mesmo. 
Sen vós non tería sentido este espacio! 




 Agardamos que toda a comunidade educativa e en especial vós, queridos alumnos, desfrutedes do verán e  destas merecidas vacacións, que falta fan,  non si? 


:)))


Vémonos á volta e.. a pasalo ben! 


Unha fonda e agarimosa aperta para tod@s de parte dos profes!




                                   Profesorado do CEIP de A Ponte do  Porto





































6 comentarios:

  1. Gustoume muito o baile de sexto, moi ben!

    ResponderEliminar
  2. Foi estupendo traballar este ano na Ponte. Vouvos botar en falta a tod@s!

    Un saúdo para os profes e unha aperta moi big big big para os alumnos!

    Bye bye birdie
    :p

    Teacher Patricia

    ResponderEliminar
  3. Ola amigos e mestres So vos quero decir que o instituto non esta tan mal. Ainda que hoxe castigaronos 7 minutos sin recreo. Amín separaronme de todas as miñas amigas pero eso é unha vantaxe porque agora podo coñecer novos compañeiros en fin, voto moito de menos o cole pero agora tocame estudar máis a fondo.
    UNHA GRAN APERTA OS MESTRES E AOS DE SEXTO, QUE O INSTITUTO É UN CAMBIO PERO NADA MÁIS... JAJJAJAJAJ
    BICOS E APERTAS A TODOS!!!!! :D

    ResponderEliminar
  4. paseino moi ben cando acabou o cole en fin de curso bueno adios

    ResponderEliminar

Non esquezas asinar o teu comentario!