ALGUNHAS FOTIÑAS DAS LETRAS GALEGAS


Ola galeguiñ@s:

O día das Letras Galegas está máis e máis preto!  Por iso, o cole estase engalanando para festexar que Valentín Paz Andrade é o escritor elixido este ano como homenaxeado.


Velaquí algunhas fotos dos traballos que fichéchedes estos días.




Entre tod@s fixemos este bonito mural, onde aparece o escritor homenaxeado  dicindo palabras ben fermosas na nosa lingua.

 


 Ademáis, neste mural tamén nos explican un pouco sobre a súa vida, a súa traxectoria literaria e mesmo están expostas as portadas de algunhas das súas obras máis significativas!

 



Sabiades que Valentín Paz Andrade era moi bo amigo de Castelao?






Parece que certos escritores homenaxeados noutras edicións das Letras Galegas tiñan moito que dicir...abofé que si!


Os nenos de 1º sábenche moi ben quen é este escritor... e vos?


Castelao? Érache boa! Trátase de Lois Pereiro, escritor homenaxeado o ano pasado polas Letras galegas.





 No ano 1993 lle adicamos o día das Letras Galegas a...



A ver: aquelastes xa iso?  Non? pois os nenos de 3º cho saben moi ben: Eduardo Blanco Amor!




No 1967 se lle adicou a...


Curros Enríquez!! Mi madriña, xa pasaron 45 anos!


O amor está presente nas Letras Galegas...Velaquí dous homenaxeados moi namorados...Son Rosalía de Castro e o seu home: Manuel Murguía, tamén escritor de sona na nosa lingua.






O día das Letras Galegas se lle adicou  no 1980 a un rei moi sabio...e moi festeiro!


Si, a Alfonso X O Sabio!  Festa rachada!




Este bocadillo o colocamos na entrada do cole, para lle preguntar ós visitantes...E ti de quen ves sendo?






Os nenos de 3º investigaron a vida de Valentín Paz- Andrade e fixeron unha biografía con forma de papiro. Qué traballo máis fermoso!






É Celso Emilio Ferreiro  o homenaxeado este ano? Non tal!




E logo? se pregunta Ramón Cabanillas






Pois quen vai ser...o noso querido Valentín! Ollade aquí  o traballo que fixeron os nenos de 3º sobre a súa traxectoria literaria!






No descanso das escaleiras atopamos o gran mural confeccionado gracias a axuda de tódolos nenos de Educación Primaria! A que quedou ben?





No 1981 o escritor homenaxeado foi Vicente Risco.


E con isto rematados...polo de agora! 
Éche o que hai!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!