FOTOS DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Ola amiguiños!

Hoxe foi un día moi especial no centro, verdade?

 Tódolos nen@s celebramos o día das Letras Galegas! 

Ollade!


Os nenos de Infantil en 1º ciclo de Primaria fixeron unhas fermosas bandeiras galegas que levaron para casa como agasallo!


Velaquí os nenos de clase 3/4 anos



Os nenos da clase 4/5 anos







Os nenos de 1º : Érache boa!!!!!!!!!!!                                                                                    
                         

 Na entrada do comedor


Coas bandeiras galegas


Os nenos de 2º curso. Qué ben posan algúns, semellan modelos!







Pola tardiña os nenos de Infantil e 1º ciclo disfrutaron de unha sesión de cine en galego!
Proxectáronse as películas: OS SETE CABRITOS e  A POTA QUE TROTA


A verdade é que foi todo un éxito, non tedes máis fixarvos no atentos que están os nenos a pantalla!






Neste día, no que tamén sonou música en galego por megafonía, tivemos a visita da escritora Concha Blanco. Os nenos de 2º e 3º ciclo se portaron moi ben e lle fixeron moitas preguntas.


Os de 6º acudiron á cita trala volta da excursión a Madrid; o certo é que se amosaron moi participativos  a pesar do cansancio!



  

A Sala de conferencias estaba decorada con murais informativos sobre a vida de Valentín Paz-Andrade




Xiana lle regalou a Concha unha xeitosa libretiña da biblioteca e un bonito pin.



 Nada máis rapace@s! Vémonos á volta da ponte!

E xa sabedes: Viva Valentín Paz-Andrade e vivan as Letras Galegas!!!!!!!

1 comentario:

  1. Nenas e nenos ¿gustouvos a visita de Choncha Blanco?

    ResponderEliminar

Non esquezas asinar o teu comentario!