ENCONTRO CON CONCHA BLANCO

Ola nenos:

 Está mañá, para celebrar o Día das Letras Galegas  recibimos unha visita moi especial...

Sí; hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza dunha escritora no noso centro. Parece ser que a nosa gatiña preferida decidiu invitar  nada máis e nada menos  que a... Concha Blanco!

O encontro se celebrou na sala de usos múltiples, na que quedaron poucos ocos libres, xa que había moitos nenos...

Concha Blanco falounos de Valentín Paz Andrade, explicou cousas moi interesantes do Día das Letras Galegas, e mesmo comentou aspectos curiosos sobre a súa traxectoria profesional.

Pero isto non foi todo...Os nenos formularon á escritora moitas preguntas, que ésta respondeu amablemente.

Antes da firma de exemplares, o cole quixo agasallar á escritora cunhas rosas, e como non, cunha pequena libretiña e chapa de Xiana.

A verdade é que os nenos se portaron  moi ben e disque Concha lle comentou ós profes que os nenos deste cole eran moi educados.

E agora unha pequena mostra de fotos para que vexades o interesante que estuvo...


Xiana se despide de vós, non sen antes desexarvos para mañá un bó día das Letras Galegas!






GALERÍA DE FOTOS


Velaquí tedes o folleto informativo sobre o encontro. Sabedes que Concha Blanco levou un para a súa casa? Polo visto  lle gustou moito...








Na sala había unha exposición con libros de Concha Blanco que podedes atopar na biblioteca; animádevos a ler un deles, están moi entretidos!



1º sesión cos nenos de 2º ciclo





2ª sesión cos nenos de 3º ciclo
 
 


Entrega das rosas por parte do alumnado



































Firma de exemplares










Nada máis polo de agora.

Dende o cole queremos desexarvos un Bó día das Letras Galegas a tod@s


Deica a próxima!

2 comentarios:

  1. encantoume conocer a Concha Blanco
    aprendin moitas cousas:
    como ser escritora, como escribir un libro,etc.

    ResponderEliminar

Non esquezas asinar o teu comentario!