O 17 de Maio...DIA DAS LETRAS GALEGAS!


Ollade esta nova no "Minitelexornal"!


Efectivamente, o vindeiro mércores,  como cada 17 de maio, vai ser un día moi especial para todos nós, xa que festexamos "O día das Letras Galegas"! 

Un día no que cómpre lembrar o noso fermoso falar e a nosa terriña!

Lémbraste do autor a quen se lle adica As Letras Galegas este ano?

Pois claro,  a VALENTÍN PAZ-ANDRADE!
  
Este señor foi moi importante para a literatura galega pois escribiu moitas obras na nosa lingua.  

Sabiades que era amigo de Castelao  e doutros escritores galegos de sona? 

A verdade é que tivo unha vida do mais interesante... pois foi polifacético!   Isto significa que facía moitas cousas diferentes. Por exemplo, Valentín foi escritor pero tamén avogado, traductor, político e ata empresario!   Mi madriña, moito traballaba!

 Se queredes saber un poquiño mais sobre a súa vida botade un ollo a estos enlaces.

E despois...a ver se vos atrevedes cos xogos... e o concurso PASAPALABRA!!!


Enlaces sobre Valentín Paz Andrade









... este poema chámase CANDO TI VOLVAS ; llo adicou ó seu amigo Castelao trala súa morte!


Un pouquiño de divertimento...










Mais novas!!!!!



En nadiña voltamos con máis novas e fotos coas actividades que estades a facer no cole!

Parece que Xiana está abraiada cos vosos traballos sobre as Letras Galegas!

Disque  Vicente Risco, Lois Pereiro, Castelao a mais autores ándanche a dicir cousas ben curiosas!

Algo pasa co cómic nas Letras Galegas.... 




Deica mañá galeguiñ@s!!!!!!!


1 comentario:

  1. hola que guai foron as letras Galegas pasamolo moi ben ata veu Concha Blanco, que divertida!!!! foi a sua visita. Descubrimos moitas cousas da sua vida.

    ResponderEliminar

Non esquezas asinar o teu comentario!