SEMANA DA POESÍA

Ola lector@s!!!



Que tal eses poemas? Seguro que celebramos a Semana da Poesía con moita rima.

Nestas vacacións... ademais de viaxar, xogar, ler... recopiláchedes poesías, cantigas,trabalinguas da nosa zona?

Xiana xa lle preguntou aos seus avós gatunos e saben moitas, moitas, moitas.


Quen se acorda desta?



O raposo está berrando

no alto de Camariñas,

que lle leven os zapatos,
que lle pican as espiñas.




Espero contar coas vosas aportacións, para despois expoñelas na nosa biblioteca.




E estes marcadores de lectura gatunos!






MIAUUU! Ademais de gatunos, moi poéticos.








Ánimo e a participar.Seguro que no cole hai un montón de poetas e poetisas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!