Achégase o Festival de Nadal!!!!!!!!

Ola amiguiños!

Pouco queda para o festival do Nadal... De seguro vai ser moi divertido!

Haberá moitas sorpresas! Entre outras cousas contaremos con actuacións de tódolos cursos, escoitaremos panxoliñas, recibiremos unha visita moi especial... e por fin saberemos os resultados do concurso de Postais!

A verdade é que vai estar moi difícil elexir os gañadores porque as postais son moi orixinais e fermosas! Hai que ver canto traballáchedes , eh?

Lembrámosvos que haberá 6 premios en total( 5 para o deseño das postais e 1 para o lema)

A distribución dos premios é a seguinte:

2 premios para Infantil
1 premio para 1º ciclo
1 premio para 2º ciclo
1 premio para 3º ciclo

Ademáis, tamén haberá un premio especial e único para elexir o mellor lema para este Nadal!

Polo de agora non sabemos cales serán as elexidas, pero velaquí vos deixamos algunhas fotos de postais expostas no gran mural, asi botades unha ollada!

Ay mamasiña, que emoción!!!!!

Bo Nadal!!!!!!





Infantil 3/4 anos



Infantil 4/5 anos




















Comentarios

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana