CONTOCHE UNHA LENDA?

Ola amigos, amigas, visitantes do blogue..., os nenos e nenas de 4º B queremos axudarvos a lembrar a actividade que fixemos no cole para celebrar o DÍA DO LIBRO, que como saberedes foi o 23 de abril. Pois ben, nós, da Semana do 26 ao 28 de abril tivemos a oportunidade de coñecer vellas e coñecidas lendas, contos ou historias da zona ou lugar no que vivimos grazas a actividade titulada CONTOCHE UNHA LENDA? Aquí temos os traballos que fixemos coa axuda dos nosos mestres e mestras.

Comezamos coa exposición dos nenos e nenas de Educación Infantil. Velaquí está o grupo de 3 e 4 anos presentando as lendas: "O cocón" e "O home do saco".



Os seus/súas compañeiras de 5 anos fixeron unha versión da historia "O tío Lelo e o castrón". Mirade que concentrados estaban na exposición...



E os nenos/as de Educación Primaria que traerían? Imos comezar cos cativos/as de 1º que elixiron dúas preciosas historias con aire mariñeiro: "O naufraxio dos botes" e "A gaivota namorada".

Os grupos de 2º, 4ºB, 5ºB e 6º agasalláronnos con diferentes versións da lenda da "Lagoa de Traba". Todas elas quedaron ben bonitas. Mirade!



O alumnado de 3º e 4º A decantáronse por lendas relixiosas: 3º "O Espiruto Santo de Camelle" e 4ºA "A Virxe do Monte".Velaquí están...
Se queredes lembralas, observalas, lelas, ... xa sabedes que están expostas na BIBLIOTECA DO COLEXIO porque a nosa mascota Xiana tamén quería coñecelas. ANIMÁDEVOS E PASÁDEVOS POLA BIBLIO A VELAS!!!

11 comentarios:

  1. Hola que ben que todos leran a sua lenda ademais este mes encantame porque o 24 é o meu cumple.

    ResponderEliminar
  2. Ola somos... e pasamolo xenial co das lendas.Nos fixemos O ESPIRITU SANTO DE CAMELLE!foi xenial

    ResponderEliminar
  3. Ola a todos e a todas gustoubos as lendas? amin encantaromen verdade que estabanbonitas?
    chaaaaaaaaaaaaaaaaaaauuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu

    ResponderEliminar
  4. ola gustaronche as lendas? cal foi a que mais che gustou? A min todas.

    ResponderEliminar
  5. Ola, son Pablo.¿Gustaronvos as lendas? A min si. Nos contontamos o Espirito Santo de Camelle ¿Cal contastedes vos?

    ResponderEliminar
  6. Anonimo,Kratos y ninja.12 de mayo de 2011, 10:22

    Nos gustaron todas as lendas etc...

    ResponderEliminar
  7. Alex Oreiro Carracedo 3º12 de mayo de 2011, 10:26

    A min gustáronme moito as lendas.Os nenos de Infantil contáronnos dúas lendas que nos gustaron moito, titulábanse: "O home do saco" e "O Cocón".

    ResponderEliminar
  8. Ola!nenos e nenas gustáronvos as lendas! A nos encantáronnos as vosas lendas.

    ResponderEliminar
  9. Iván e álvaro 3º12 de mayo de 2011, 10:31

    As lendas do cole foron xeniales
    a vos gustouvos? a nós encantounos!

    ResponderEliminar
  10. Ola! encantáronme as lendas dos pequenos, contáronnos dúas lendas a do coco e a do home do saco.

    ResponderEliminar
  11. e nn saliron todos os cursos

    ResponderEliminar

Non esquezas asinar o teu comentario!