Blogueiros e blogueiras... o pasado venres 14 de Maio celebramos o día das Letras Galegas no cole. Este ano estivo adicado a Lois Pereiro .

Aquí vemos un fermoso mural feito polos alumnos e alumnas de 6º. Mirade que artistas tan bos temos neste último curso.........eso sí, pero coa axuda dos mestres.



Para coñecer un pouco máis a súa vida e obra espuxéronse polos corredores do cole murais que foron vendo os nenos e nenas durante o día da celebración.Aquí vemos a vida de Lois Pereira alá polo ano 1978, observade como len estas nenas de 3º. Outra actividade que fixemos ese día foi elaborar por cursos poemas para posteriormente recitalos. Aquì vemos os pequerrechos recitando o seu poema, que por certo, o fixeron moi ben!
Para onde mirarán estes cativos? Será para a profe Alejandra que está aí ao lado "chivándolles" o poema?

Os maiores tamén recitaron os seus poemas. Velaquí vai algunha fotiño...
Aquí temos os poetas de 2º ben concentrados en tan difícil tarefa!!! Os nenos e nenas de 5º elaboraron un poema cada un... vaia que poetas temos neste cole!
Sen máis que contar deste día, despedímonos blogueir@s. Ata outra!!!

Comentarios

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana