O recuncho de Xiana





Ola lectores e lectoras!

Quero contar algo que ocurriu no noso cole o pasado luns, 28 de marzo. Alá a tardiña, na aula que está ao lado da biblioteca, escoitei falas e ata aplausos. Así que, deixei a miña sesta para outro momento, e fun ver o que pasaba. E alí estaba o autor e ilustrador dos libros A pedra e as formigas e Mil cousas poden pasar. Estaba a contar cousas dos seus libros e contestou a moitas preguntas dos rapaces de 3º, 4º e 5º. Era Jacobo Fernández.

Todos quedaron pampos cando se puxo a debuxar. Que ben! Aínda que dixo que para facer eses debuxos e escribir historias marabillosas... hai que traballar moito e adicarlle tempo.

Ánimo e practicade moito, quen sabe se entre vós hai un futuro escritor ou ilustrador!

Sabedes que? Dixo que lle tiña alerxia aos gatos. Menos mal que non me viu!



Comentarios

  1. Que chula é a formiga! Paréceme un home con antenas... Jajajajajajajajaja! Bueno, a min encantoume, mágoa que non puidera traer máis libros. Eu estaría horas e horas falando con el.
    Bueno ata a próxima vez... Grazas Jacobo Fernández por estar no Ceip Ponte do Porto.

    ResponderEliminar
  2. OLA! A próxima vez que un autor veña ao noso cole, Xiana, voulle preguntar se lle gustan os gat@s, se lle gustan que te debuxe a ti Xiana.

    Cinco abrazos

    ResponderEliminar
  3. Ola,Jacobo! Que tal esta? A nos encantounos que viñeras e falaras dos libros,foi xenial!

    ResponderEliminar
  4. ivan y lucas de 3º7 de abril de 2011, 10:45

    Cando chegou Jacobo todos quedaron asombrados.Fai debuxos xeniais e espero ser eu capaz de facelos igual que el algun dia!!

    ResponderEliminar
  5. Jacobo e un pintor xenial gustoume moito

    ResponderEliminar
  6. Ola, nenos e nenas!Encantounos
    a visita de Jacobo Fernández Serrano, menudos debuxos que fai!
    Adeus, nenos e nenas!!

    ResponderEliminar
  7. Ola,Jacobo!Debuxas moi ben! E grazas polos debuxos,son moi bonitos!!

    ResponderEliminar
  8. O conto apedra e as formigas e moy bonito

    ResponderEliminar
  9. Ola! gustouVos cando veu JACOBO FERNANDEZ SERRANO? a min si

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Non esquezas asinar o teu comentario!

Entradas populares de este blog

DEPORTE ESCOLAR : FÚTBOL SALA ( 2023 / 2024 )

O recuncho de Xiana