Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Uxío Novoneira e no noso cole cada clase preparou algo especial que logo fomos representando ó resto dos compañeiros e compañeiras. Coa axuda dos profes aprendimos poemas, como o de "O cuco" que o representamos os nenos e nenas de Ed. Infantil xunto con rapaces e rapazas de 5º e 6º, ou "Pacen as vacas"os nenos e nenas de 1º, "Chega a hora de irse para a cama" no que os nenos e nenas de 2º debuxamos os seus versos ou o da "Fiandeira namorada" que os rapaces e rapazas de 5º recitamos acompañados por unha muiñeira.


Os compañeriso e compañerias de 3º e 4º representaron o conto de "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" e os de 6º fixeron un mural con pictogramas sobre a vida do escritor galego.


Tamén fixemos un concurso ¡ Unha caricatura do escritor! O gañador conseguiría que coa súa caricatura se fixera un marcapáxinas para todos os membros do cole.

O recuncho de Xiana (Abril, mes dos libros)


Ola lectores e lectoras!!!






Que ben quedou o mural!!! Estou encantada cos vosos libros favoritos; pero hai que seguir lendo e buscando libros favoritos.

Que tal a exposición? Había moitosssssssssss libros e moi chulos. Grazas pola vosa colaboración e por deixar que todos e todas víramos esos estupendos,fabulosos e entretidos libros.

Ademais estivo moi ben o recuncho adicado a Miguel Delibes.