O recuncho de Xiana



Ola, Ola, Olaaaaaa!!!
" A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
Ese era o título. A que case todos e todas o liches?
Amiguiños e amiguiñas lectores, hoxe quero falarvos de algo que vimos facendo neste mes os últimos curso. Alguén sabe de que falo?
Claro que si, falo da Semana da Poesía. Por iso quero recomendar unha páxina que a min gustoume moito: www.orellapendella.org

É unha páxina:

  • para compartir,
  • para rir,
  • para aprender,
  • para xogar,
  • para disfrutar...
Xa me contaredes o que vos parece. E agora... ide pensando...
Unha gata singular
á biblioteca chegou.
..................................
Saudiños. Xiana

CHEGOU O ENTROIDO

Outro ano máis, aquí estamos no noso cole festexando o entroido. O meco veu a visitarnos durante a semana do 8 ao 12 de febreiro. Mirade un mandato que este simpático esquelete nos deixou.




Os primeiros en desfilar,
que veñen de cociñeiros,
son os peques da escola
porque son moi larpeiros.







Aquí chegan os de 1º e 2º,
veñen de mariñeiros
son rapaces e rapazas moi salgados/as
pero un pouco barulleiros.


Se tedes unha avaría
non dudedes en chamar
os mecánicos de 3º
que vola poden arranxar.


Se precisades un retrato
os pintores de 4º
volo farán moi barato.


Para limpar os regos
os rapaces e rapazas de 5º
somos os mellores labregos.




Se queredes bo pan,
os panadeiros de 6º
axiña volo farán.


As profes tamén se disfrazaron,
velaquí vemos o ben que o pasaron.



Ao rematar o desfile, fumos degustar os doces que trouxeron todos os rapaces e rapazas do cole. Houbo premios para algúns deles. Os de 3º levaron o premio á clase máis participativa, tamén houbo para a mellor presentación que foi para Ángel de 4 anos que nos sorprendeu con Bob Esponja.

E por último o premio á orixinalidade para Xeila de 3ºB: un doce típico feito con filloas en forma de sevillana.


E vós que decides. Cal foi o disfraz que máis vos gustou? E o postre?

HAPPY VALENTINE'S DAY

Ola a todos e todas!

O xoves e venres pasados San Valentín chegou ao noso cole en forma de piruleta de corazón!Na clase de inglés fixemos tarxetas para felicitarlle o San Valentín aos compañeiros e compañeiras e, cando chegou o día da celebración...que nervios collendo a tarxeta cos ollos pechados!!Quen me tocará??

Despois, todos puxemos a nosa mellor "cara de namorado" para saír ben guapos na foto. Mirádenos ben, quen vos parece que o fixo mellor? Quen é o que parece máis namorado? Esperamos as vosas opinións.

Deica a próxima!!

NAMORADOS/AS DE 4 ANOS

NAMORADOS/AS DE 2º

NAMORADOS/AS DE 3º A

NAMORADOS/AS DE 3ºB

NAMORADOS/AS DE 4º A

NAMORADOS/AS DE 4ºB
NAMORADOS/AS DE 5º
NAMORADOS/AS DE 6º