MAGOSTO











Gran papanda de castañas no cole da Ponte do Porto!.

Siii... como volo conto. Celebramos todos xuntos o Magosto -tamén viñeron os profes, pais e nenos do cole de Xaviña- comendo castañas, rindo e xogando. Aquí vos deixo algunhas fotos da festa. Ata a próxima!.

CASTAÑAS EN XAROPE







Ola a todas e todos!.

Os alumnos de 5º con motivo do Magosto pensamos en facer unha receita relacionada con este, e aproveitando a inestimable axuda da profe Antonia ,que coñece moitas receitas con castañas, decidimos elaborar unhas conservas en xarope deste froito.

Descrición da receita:

1º.- Entrecocer un pouco as castañas e pelalas.
2º.- Elaboración do xarope:
• Fervemos 800 ml de auga con 400 g de azucre
3º.- Metemos as castañas nun bote de cristal e cubrímolo co xarope ata o borde e cerramos ben coa tapa.
4º.- Cocemos os botes a baño maría unhos 15 minutos.


Degustación: Deixamos repousar 2-3 meses para que colla o xarope e logo comémolas cando queiramos.