MAGOSTO 2010















Para ir abrindo boca, aquí vos deixamos estas fotos do magosto 2010
Comezamos cun chisco de xogos populares (bolas, corda, balón prisioneiro, o pano...) e rematamos cunha boa castañada para repoñer forzas.
Animamosvos a que comentedes todas aquelas anécdotas que vos aconteceron durante esta xornada de festa rachada.
Un saúdo para tod@s e viva o San Martiño!


















O TRIMESTRE DOS XOGOS POPULARES

Como ben sabedes, no noso cole estamos no "Trimestre dos Xogos Populares", e todos os nenos fixemos un traballo de investigación e recopilación preguntando os nosos avós, pais e veciños, a que xogaban cando eran pequenos, para nós poder levalos a práctica nos nosos tempos de lecer.

Así, cada alumn@ levamos para a nosa casa unha ficha e preguntándolles aos maiores, cubrímola co xogo que máis nos gustou. Despois, na nosa clase e cos nosos profes xuntámolos todos, eliximos uns poucos e elaboramos un mural no que explicamos estes xogos e os acompañamos cunha ilustración.

Velaquí o mural final cos nosos xogos:


E agora vexamos o mural de cada curso cos seus xogos:

Educación Infantil: aula de 3 e 4 anos e aula de 5 anos

Xogos no espazo: O Dragón e a Varita Máxica


2º curso de Educación Primaria
Xogos no espazo: Balón Prisioneiro


3º curso de Educación Primaria
Xogos no chan: A Mariola

4º B de Educación Primaria

Xogos de Chapas:

O Lanzachapas, O Tres en raia, O Chapatazas e as Carreiras de chapas.



5º A de Educación Primaria

Xogos de Goma: Chicle máis chicle


6º de Educación Primaria

Xogos das bólas: A Saca, O Camiño das bólas e As Bólas




















Samaín 2010

Outubro 2010

Desde o CEIP Ponte do Porto, dámosvos a benvida a un novo curso cheo de actividades que compartiremos, ao igual que o ano pasado, neste blogue.
Empezaremos coa celebración do Samaín/Halloween. Esta foi a semana que tanto estábades esperando, a semana na que recibíchedes unha invitación para visitar a nosa famosa "Aula do Medo", para a cal preparáchedes unha morea de adornos e de cabazas que metían medo. Querémosvos dar as grazas a todos pola vosa colaboración.

Agora botade un ollo a estas imaxes nas que podedes lembrar o medo que pasamos, ou non?
Non olvidedes deixarnos algún comentario.



E se queredes pasar medo, atrevédevos a entrar nas seguintes páxinas:

http://gatiosramndelasagra.blogspot.com/2010/10/puzle-samain.html

http://www.halloween.com/

http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf

http://www.happymeal.es/#/Jugamos

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/?q=node/134

http://gl.wikipedia.org/wiki/Samaín

http://abcteach.com/directory/seasonalholidays/halloween/

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/materiaissamain08.pdf

http://members.fortunecity.es/ventero/misterio.html#El%20Samain

http://www.iregua.net/cultura/religion.htm

http://gatiosramndelasagra.blogspot.com/2010/10/xogo-coas-cores.html

http://www.aciprensa.com/controversias/halloween.htm#1

http://en.wikipedia.org/wiki/Halloween

http://www.juegos.com/juegos/halloween/halloween.html

http://www.juegosdechicas.com/juego/maquillaje_de_halloween.html

http://www.juegosdechicas.com/juego/maquillaje_de_halloween.html

http://www.juegosxachicas.com/-halloween-/




Este ano o Día das Letras Galegas foi adicado a Uxío Novoneira e no noso cole cada clase preparou algo especial que logo fomos representando ó resto dos compañeiros e compañeiras. Coa axuda dos profes aprendimos poemas, como o de "O cuco" que o representamos os nenos e nenas de Ed. Infantil xunto con rapaces e rapazas de 5º e 6º, ou "Pacen as vacas"os nenos e nenas de 1º, "Chega a hora de irse para a cama" no que os nenos e nenas de 2º debuxamos os seus versos ou o da "Fiandeira namorada" que os rapaces e rapazas de 5º recitamos acompañados por unha muiñeira.


Os compañeriso e compañerias de 3º e 4º representaron o conto de "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" e os de 6º fixeron un mural con pictogramas sobre a vida do escritor galego.


Tamén fixemos un concurso ¡ Unha caricatura do escritor! O gañador conseguiría que coa súa caricatura se fixera un marcapáxinas para todos os membros do cole.

O recuncho de Xiana (Abril, mes dos libros)


Ola lectores e lectoras!!!






Que ben quedou o mural!!! Estou encantada cos vosos libros favoritos; pero hai que seguir lendo e buscando libros favoritos.

Que tal a exposición? Había moitosssssssssss libros e moi chulos. Grazas pola vosa colaboración e por deixar que todos e todas víramos esos estupendos,fabulosos e entretidos libros.

Ademais estivo moi ben o recuncho adicado a Miguel Delibes.






















O recuncho de Xiana



Ola lectores e lectoras!!!

Que ben quedou o mural da Semana da Poesía!!! Moitos poetas e poetisas van a saír deste colexio. Non si?

Xa sabedes que estamos en abril: O MES DOS LIBROS.


Estades a participar nas actividades? Espero que si. Ademais tamén podedes facelo aquí, no blogue. Non deixedes de contarme cales son os vosos libros favoritos e... a seguir lendo.


Máis fotos da Semana da Poesía.






















Os nenos e nenas de E.Infantil convertémonos en panadeiros/as por un día visitando a panadería Barcia en Camariñas. Alí disfrutamos como verdadeiros artesáns do pan cun pouquiño de masa, unhas gotiñas de boa vontadé e moitíiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisima fariñaaaaaaaaaaaaaa. E aquí tedes unha pequena mostra.

O recuncho de Xiana



Ola, Ola, Olaaaaaa!!!
" A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
Ese era o título. A que case todos e todas o liches?
Amiguiños e amiguiñas lectores, hoxe quero falarvos de algo que vimos facendo neste mes os últimos curso. Alguén sabe de que falo?
Claro que si, falo da Semana da Poesía. Por iso quero recomendar unha páxina que a min gustoume moito: www.orellapendella.org

É unha páxina:

  • para compartir,
  • para rir,
  • para aprender,
  • para xogar,
  • para disfrutar...
Xa me contaredes o que vos parece. E agora... ide pensando...
Unha gata singular
á biblioteca chegou.
..................................
Saudiños. Xiana

CHEGOU O ENTROIDO

Outro ano máis, aquí estamos no noso cole festexando o entroido. O meco veu a visitarnos durante a semana do 8 ao 12 de febreiro. Mirade un mandato que este simpático esquelete nos deixou.




Os primeiros en desfilar,
que veñen de cociñeiros,
son os peques da escola
porque son moi larpeiros.







Aquí chegan os de 1º e 2º,
veñen de mariñeiros
son rapaces e rapazas moi salgados/as
pero un pouco barulleiros.


Se tedes unha avaría
non dudedes en chamar
os mecánicos de 3º
que vola poden arranxar.


Se precisades un retrato
os pintores de 4º
volo farán moi barato.


Para limpar os regos
os rapaces e rapazas de 5º
somos os mellores labregos.




Se queredes bo pan,
os panadeiros de 6º
axiña volo farán.


As profes tamén se disfrazaron,
velaquí vemos o ben que o pasaron.



Ao rematar o desfile, fumos degustar os doces que trouxeron todos os rapaces e rapazas do cole. Houbo premios para algúns deles. Os de 3º levaron o premio á clase máis participativa, tamén houbo para a mellor presentación que foi para Ángel de 4 anos que nos sorprendeu con Bob Esponja.

E por último o premio á orixinalidade para Xeila de 3ºB: un doce típico feito con filloas en forma de sevillana.


E vós que decides. Cal foi o disfraz que máis vos gustou? E o postre?